30/05/2025
As aulas da oitava edición do Diploma de Experta/o en Xestión e Innovación Cultural da Universidade de Santiago de Compostela chegaron ao seu fin… e despedimos outro grupo fantástico! 💛
📸 Xusto un 30 de maio coma este pechabamos a nosa primeira edición. Entre aquela foto e a de hoxe pasaron dez anos. Neste tempo xerouse un espazo inédito de conexión profesional en Galicia, polo que pasaron xa preto de 500 persoas, entre alumnado, docentes e colaboracións chegadas de múltiples entidades públicas e privadas. Unha comunidade con perspectiva galega, pero sempre aberta a referentes da contorna ibérica da .
Grazas a todas as docentes que compartiron connosco coñecementos e experiencias neste camiño. Especialmente ao noso marabilloso equipo de titoras! Beatriz R. Fontán, Diego Parajó , Sonia Díaz e Diego V. Meizoso ✨
Pero, sobre todo, grazas ao noso alumnado —agora xa compañeiras— polo entusiasmo, a creatividade, as ganas… e por ser tan riquiñas (ou máis) do que parece na foto! É imposible non querer e convosco ❤️
🎓 O coidado que adicamos a esta experiencia formativa fai que sexa actualmente bienal, polo que a vindeira edición agárdanos no curso 2026/27. Se tes interese, podes anotarte xa desde a nosa web.
😉