25/05/2026
📣 Prezadas socias e socios.
🗣️ Seguimos coas actividades formativas da Escola de Nais e Pais en colaboración co colexio e o CAFI.
‼️ Seguramente será a derradeira charla deste curso 2025/26, e terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio, de 16:00 a 17:30 h na Aula de Aprendizaxe (edificio da comisaría), coa traballadora social Teresa Rosòn Álvarez.
❣️A charla versará sobre Educación Sexual para as familias, sobre todo orientada ás familias do alumnado de terceiro ciclo; cómo afrontar cos nosos fillos e fillas este tema, axudalos, guialos, entendelos…, e que non supoña un tabú que nos distancie ou poida perxudicalos no futuro.
🎟️ A actividade é gratuíta e Aberta a calquera persoa interesada, socia ou non socia, do colexio ou non.
🙏🏻 Agardamos poder contar coa túa presenza e que colabores difundindo a actividade. Grazas 🤗