18/06/2026
APARCADOIRO NOVO NO COLE DE CEA!
Xa temos aparcadoiro para os nosos vehículos!!!
Remata Proxecto Anual de Infantil, remata a viaxe e para celebralo, estreamos aparcadoiro no noso patio exterior.
Agradecemento especial ó alumnado de primeiro da ESO, e a súa profe de tecnoloxía,Maite, polo traballo desenvolvido ó longo deste curso podendo facer así posible este aparcadoiro co que agasallaron ós nenos/as de Infantil.
Parabéns polo traballo, seguro que o van disfrutar moito.
30/05/2026
CON VOZ DE LIBROS!
Como o curso vai chegando ao seu fin e a biblioteca comeza a preparar o peche deste ano, quixemos dedicar un programa moi especial aos seus usuarios máis fieis.
Por iso nace “Con voz de libros”, un espazo de radio no que entrevistamos aos catro alumnos e alumnas que máis libros levaron en préstamo ao longo do curso. Falamos con eles das súas lecturas favositas, dos libros que máis lles gustaron e das recomendacións que lle farían ao resto dos compañeiros e compañeiras.
Dálle ao play e escoita as voces que máis páxinas moveron na nosa biblioteca este ano!
https://bibliotecaramoncaride.blogspot.com/2026/05/con-voz-de-libros.html?m=1
https://drive.google.com/file/d/1owNDqKabBiY2vqlkhhn0BafhsERd3XcQ/view
26/05/2026
O Cole de Cea participa no "Fala que fala", na Cidade da Cultura.
Mañá, mércores, o Cole de Cea participa na gala de remate da iniciativa "FALA QUE FALA.
A segunda tempada do proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua (Política Lingüística) remata este mércores cun acto que reunirá alumnado de toda Galicia na Cidade da Cultura de Galicia.
Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
A segunda tempada do proxecto educativo e multimedia impulsado por Radio Líder e a Secretaría Xeral da Lingua remata este mércores cun acto que reunirá alumnado de toda Galicia na Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela, 25 de maio de 2026.- Máis de 500 alumnas e alumnos de oito ce...
26/05/2026
O SON DO CHIFRE
Dentro do proxecto Radio na Biblio, participamos no concurso “O vello dos contos" un certame de podcast que promove a lingua galega a través da oralidade e das novas tecnoloxías.
O podcast presentado leva por título “O son do chifre”.
Neste traballo, o profe Pablo Nogueira recreou a historia de cando un famoso musicólogo recolleu nunha aldea de Luíntra, nos anos cincuenta, unha melodía asubiada por un afiador.
Gravouna e anos despois sería empregada por Miles Davis para incorporala nunha peza dun dos seus discos máis celebrados. Na canción “The Pan Piper”, gravada no disco "Sketches from Spain”, aparecen as notas musicais bulidas do chifre daquel afiador galego interpretando a “Alborada de Vigo”.
Grazas ao profe Pablo Nogueira pola súa dedicación e ao alumnado participante polo gran traballo realizado!!
https://bibliotecaramoncaride.blogspot.com/2026/05/o-son-do-chifre.html?m=1
18/05/2026
O padriño da nosa biblioteca, Ramón Caride Ogando é o flamante gañador do 14 Concurso de micro-relatos, convocado polos grandes amigos do cole OZOCOgz
Parabéns para o gañador, participantes e organizadores! 👏👏👏
Feliz Día das Letras Galegas.
Tal e como corresponde coa data e, por suposto, coas bases do noso concurso de micro-relatos, facemos públicos os micro-relatos gañadores da 14ª edición.
*********
Micro-relato gañador: «YAEL SOÑA», da autoría de Ramón Caride Ogando.
Micro-relato finalista: «UN DISPARO», da autoría de Sonia Corral Franco.
**********
Moitísismos parabéns aos dous.
Podes ler os relatos gañadores nesta ligazón: https://ozocogz-atenda.com/i/14a-edicion
17/05/2026
UN 15 DE MAIO DE FESTA NO COLE: MAIOS, SERÁN E FESTA DAS LETRAS
Este venres, vivimos unha xornada inesquecible chea de tradición, cultura e moita diversión. Así de completo foi o noso día:
Pola mañá: Comezamos elaborando en equipo o noso maio co material vexetal aportado por alumnado e profesorado.
Festa das Letras: Lembramos con moito cariño á escritora Begoña Caamaño e gozamos cunha divertida función de títeres: " A filla do Cacharulo".
Pola tarde: Pechamos o día con festa rachada grazas á música e ao baile do noso X Serán.
Grazas a todos e todas por facer posible este día tan especial!!
https://dinamiceate.blogspot.com/2026/05/un-15-de-maio-de-festa-no-cole-maios.html