Ceip de Caión

Ceip de Caión

Compartir

Somos un centro pertencente á rede de centros da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Temos alumnado de Educación Infantil e Primaria e contamos cos servizos de Transporte e Comedor Escolar.

13/04/2026

Durante esta semana, ata o venres 13, levaremos a cabo no centro unha recollida solidaria de alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas .

Esta iniciativa rematará o propio venres coa celebración da gran carreira Carreira ENKI, unha xornada de convivencia e solidariedade. Os dorais da carreira ENKI serán financiados por parte da ANPA BALEA.

Animamos a todas as familias a participar colaborando coa achega de alimentos non perecedoiros (leite, arroz, pasta, conservas, etc.), que poderán depositarse nas caixas habilitadas na entrada do centro.

Entre todas e todos podemos facer unha gran diferenza. Moitas grazas pola vosa colaboración!

Photos from Ceip de Caión's post 12/03/2026

📚 Charla para familias no centro educativo

Hoxe tivo lugar na biblioteca do centro a charla do programa educativo “Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade”, dirixida ás familias e xestionada pola ANPA.

Durante a sesión abordouse a importancia de acompañar aos nosos fillos e fillas no uso da tecnoloxía, ofrecendo ferramentas e consellos para mellorar a súa seguridade e ciberseguridade no ámbito dixital, un aspecto cada vez máis esencial na súa educación e no seu día a día.

Desde o centro queremos agradecer a colaboración da AMTEGA pola organización deste programa, tan útil e necesario para as familias do centro.

Para aquelas persoas que non puideron asistir, nos próximos días a ANPA e o centro educativo compartiremos información e recursos relacionados coa charla.

Seguimos traballando para apoiar ás familias e fomentar un uso seguro, responsable e consciente da tecnoloxía entre o alumnado.

 

26/02/2026

Hoxe saímos da aula para aprender en movemento 🏃‍♀️🏃‍♂️

Participamos no campo a través gozando do deporte, da natureza e, sobre todo, do compañeirismo.

Porque non todo se aprende nos libros… Tamén se aprende superándose, animando e chegando xuntos á meta 💚

13/02/2026
Photos from Ceip de Caión's post 10/02/2026

San Valentín especial para as familias 💖✨

Unha cita a cegas cun libro 📚

Mañá, un pouco antes da saída, atoparedes unha cesta con libros envoltos. Cada un levará unha breve descrición no exterior… pero sen revelar o título.

Convidámosvos a coller un e deixarvos sorprender.
Será a vosa cita a cegas cun libro 📖, para mergullarvos no mundo da fantasía, da emoción e do descubrimento

💫 Atrevédesvos a deixar que o libro vos escolla?

Photos from Ceip de Caión's post 06/02/2026

🎭 XA CHEGA O ENTROIDO AO CEIP DE CAIÓN! 🎉

Do luns 9 ao xoves 13 de febreiro, teremos os mandados de Entroido 🥳
Cada día… unha sorpresa diferente! 😜

👉 Ollo ás imaxes 👀📸
Nelás atoparedes o que hai que traer posto cada día da semana.
Non despistes, que os mandados non perdoan 🙂‍↔️😏

Animádevos a participar, que o Entroido é para gozalo con ilusión, creatividade e moita diversión! 🎨🎶🎭

🙂‍↔️

Photos from Ceip de Caión's post 30/01/2026

Hoxe celebramos no CEIP de Caión o Día da Paz 🕊️ escoitando voces que nos axudan a entender o mundo con máis empatía.

Tivemos a sorte de contar coa visita de representantes do pobo saharauí, que compartiron co noso alumnado a súa historia, a súa cultura e a realidade dun conflito que leva xa case 50 anos.

Faláronnos das familias que viven en campamentos de persoas refuxiadas en Arxelia dende hai décadas, da importancia de non esquecelas e de como, mesmo nas dificultades, manteñen viva a esperanza.

Foi un encontro cheo de aprendizaxe, preguntas e reflexión. Comprendemos que a paz non é só a ausencia de guerra, senón tamén xustiza, dignidade e dereitos para todas as persoas.

Educar para a paz é abrir os ollos a outras realidades, fomentar a solidariedade e ensinar que cada pequeno xesto conta para construír un mundo mellor.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en S/N?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

S/N

Categoría

Teléfono

Dirección

Lugar Da Insua
S/N
15145

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Martes 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 17:00
18:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 17:00