19/06/2026
🎒Pechamos este curso despois de moitos meses de aprendizaxes, experiencias e emocións compartidas.
🌊Facendo honra á nosa identidade de vila costeira, pasamos o ano enredando: enredando co coñecemento, cos soños, coa amizade, coa convivencia, co compromiso e coa ilusión de medrar xuntos.
🔋Agora é tempo de recoller redes, descansar e coller folgos para volver navegar cara a novas aventuras o vindeiro curso.
✨ Grazas a toda a comunidade educativa e a ANPA pola súa colaboración. Bo verán!