ANPA Solleiro

ANPA Solleiro Asociación de Nais e Pais de alumnos do IES Antón Alonso Ríos

https://tomino.gal/curso-de-xadrez/
21/09/2026

https://tomino.gal/curso-de-xadrez/

Mediante este curso o alumnado vai adquirir os coñecementos teórico-prácticos para poder xogar ao xadrez. Serán impartidos por unha persoa profesional con certificado en vigor.

28/08/2026

💢SUBVENCIÓNS CONCEDIDAS DO CONCELLO DE TOMIÑO A ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos 💢

O Concello de Tomiño, concedeu a ANPA SOLLEIRO axudas destinadas a entidades sen fin de lucro para actividades CULTURAIS y para actividades SOCIAIS:

1.409,19 € - Actividades CULTURAIS
1.280,49 € - Actividades SOCIAIS

*Ademais destas axudas, o Concello de Tomiño, ven COFINANCIANDO coa ANPA e as familias a actividade extraescolar de INGLÉS. 💂💂‍♀️

*Agradecemos ao Concello de Tomiño o apoio financieiro que presta anualmente ás actividades da ANPA Solleiro do IES Antón Alonso Ríos.🤗🤗

22/07/2026

Dende a Anpa Solleiro queremos a animar🙌🙌🙌 a matricularse no 🖥️ Ciclo de Grao Medio de Instalacións de Telecomunicacións.

Tedes plazas e podedes facelo ata o 30 de Xullo📋🗓

Día de emocións 🥲😢🥰🥰🥰
13/06/2026

Día de emocións 🥲😢🥰🥰🥰

17/05/2026

Feliz Día!

😊
13/04/2026

😊

📢 O Ministerio de Educación vén de publicar a convocatoria xeral de bolsas e axudas ao estudo para o curso 2026-27.

O alumnado que teña pensado cursar Bacharelato, Formación Profesional, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios, entre outros, poden pedir a súa bolsa para o vindeiro curso. Como en convocatorias previas, deberán de cumplimentar unha serie de datos provisionais, que poderán modificar máis adiante, e deberán facelo ainda que non saiban as cualificacións do curso actual, ou ainda que non saiban que van estudar o curso 2026-27.

📆 Prazo: do 7 de abril ata o 18 de maio (ás 15.00h)

👫 Destinatarios: alumnado que no curso 2026-27 vai cursar estudos posobrigatorios (Bacharelato; Formación Profesional de grao básico, medio e superior; ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios)

🖥️ Solicitaranse a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Animádevos!!!🙌
25/03/2026

Animádevos!!!🙌

📣 A Escola de Nais e Pais do IES Antón Alonso Ríos continúa co seu programa de formación para as familias do noso alumnado. Nesta ocasión, e grazas á participación do CFR de Vigo e en colaboración coa ANPA Solleiro, terá lugar a segunda iniciativa do curso 2025-26 que terá como tema principal “A comunicación asertiva”, entendida como unha ferramenta pensada para as familias e a comunidade educativa na xestión das relacións e dos conflitos nas familias e na comunidade educativa.

A iniciativa está concebida como unha formación impartida por Ana Fernández, psicóloga de Achega. Centro de psicoloxía. A formación terá lugar no centro o mércores 8 de abril ás 19:00.

Para participar, simplemente teredes que confirmar a vosa asistencia antes do martes 7 de abril. Podédelo facer cubrindo un pequeno formulario ao que poderedes acceder na web ou a través da ANPA Solleiro.

🙌🙌
13/03/2026

🙌🙌

18/02/2026

A Escola de Nais e Pais do IES Antón Alonso Ríos comeza co seu programa de formación para as familias do noso alumnado. Nesta ocasión, e grazas á participación do CFR de Vigo e en colaboración coa ANPA Solleiro, terá lugar a primeira iniciativa do curso 2025-26 que terá como tema principal "A xestión emocional na adolescencia" e que se integra tamén no conxunto de iniciativas do proxecto do centro "Febreiro. Mes das emocións".

A iniciativa está concebida como unha formación impartida por Estela Lamas Pérez, psicóloga de Achega. Centro de psicoloxía. A formación terá lugar no centro o martes 24 de febreiro ás 19:00.

Para participar, simplemente teredes que confirmar a vosa asistencia antes do luns 23 de febreiro. Podédelo facer cubrindo un pequeno formulario ao que poderedes acceder na web do centro, a través da ANPA Solleiro ou ben chamando directamente ao teléfono do centro (886 120522).

Dirección

Solleiro, S/n
Pontevedra
36740

Teléfono

+34644333664

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ANPA Solleiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a ANPA Solleiro:

Atajos

Compartir

Categoría