CEIP Plurilingüe Isidora Riestra

CEIP Plurilingüe Isidora Riestra Centro de educación infantil e primaria (3-12 anos) situado na Seca,Poio ¡Invitamos-vos a coñecernos!

🎨🔺 Cores, formas, tamaños...! máis pequenas e pequenos do cole realizan as súas primeiras investigacións cos bloques lóx...
30/09/2026

🎨🔺 Cores, formas, tamaños...!

máis pequenas e pequenos do cole realizan as súas primeiras investigacións cos bloques lóxicos, descubrindo, experimentando e aprendendo.

Porque aprender xogando é tamén xogar para aprender. 💛🧩

24/09/2026

XA TEMOS EXTRAESCOLARES PARA ESTE CURSO! 🎉

Dende a ANPA San Xoán queremos compartir con vós as actividades extraescolares que saen adiante este curso no CEIP Plurilingüe Isidora Riestra.

📚 MARTES | 16:00 – 17:00 h
🇬🇧 Inglés lúdico para infantil
👩‍🏫 A cargo de Isabel Naveiro

💃 MÉRCORES | 16:00 – 17:00 h
🎶 Baile para infantil e primaria
🕺 A cargo do Club Saraiba

🎭 XOVES | 16:00 – 17:00 h
🎬 Teatro para primaria
🕴🏽A cargo de Hugo Andrade

✨ OS GRUPOS SEGUEN ABERTOS!
Aínda hai posibilidade de inscribirse e, ademais, as actividades están abertas tamén a nenos e nenas de fóra do cole.

ℹ️ Importante: a ANPA actúa como intermediaria e dinamizadora para facilitar que estas actividades poidan desenvolverse no noso centro. As inscricións, pagos e demais xestións realízanse directamente con cada unha das persoas ou entidades responsables de cada actividade.

O noso alumnado de 3º e 4º de Primaria iniciou a pasada semana as actividades de Xogade cunha saída ó Club de Tenis Pont...
21/09/2026

O noso alumnado de 3º e 4º de Primaria iniciou a pasada semana as actividades de Xogade cunha saída ó Club de Tenis Pontevedra. 🎾

Alí tivemos a oportunidade de asistir ao Campionato Europeo de Tenis U14 e coñecer de preto o ambiente dunha competición deportiva de alto nivel. Ademais:

🎾 Practicamos tenis
🏓 Probamos o pádel
🤝 Compartimos deporte, diversión e moi bos momentos!

Que ben o pasamos! E isto non fixo máis que comezar! 🚀

O noso proxecto educativo, «Amar o mar» 🌊, acompáñanos tamén nas nosas axendas, para lembrar cada día que aquilo que coñ...
19/09/2026

O noso proxecto educativo, «Amar o mar» 🌊, acompáñanos tamén nas nosas axendas, para lembrar cada día que aquilo que coñecemos, valoramos e queremos, tamén o coidamos. 🐚

Pequenos xestos, grandes mares.


✨ Benvidos e benvidas ó novo curso!Hoxe comezamos o curso 2026-2027 con ilusión, enerxía renovada e moitas ganas de segu...
09/09/2026

✨ Benvidos e benvidas ó novo curso!

Hoxe comezamos o curso 2026-2027 con ilusión, enerxía renovada e moitas ganas de seguir aprendendo, medrando e compartindo.

Dámosvos a benvida a toda a comunidade educativa: ó noso alumnado, ás familias e a todo o profesorado e persoal do centro. 🤗

Xuntos e xuntas faremos deste novo curso unha oportunidade para descubrir, aprender, superar retos e vivir grandes momentos.

🌟 A por un curso 26-27 cheo de aprendizaxes, ilusións e éxitos!

Feliz comezo de curso! 🚀📚

28/08/2026

🏫 O alumnado do CEIP Isidora Riestra estreará novos espazos para a biblioteca e o comedor escolar.

📚 A biblioteca trasladarase ao primeiro andar, a un espazo máis amplo, cómodo e luminoso, mentres que a súa actual localización acollerá o novo comedor escolar, evitando que o alumnado teña que saír do centro para acceder á aula anexa situada no patio. Ademais, inclúese a remodelación de todo os baños da planta baixa.

O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, comprobaron o avance destes traballos, que se realizan en colaboración coa Xunta de Galicia.

🔧 A posta a punto dos colexios de Poio continúa tamén no resto dos centros, con actuacións como o novo comedor do CEIP de Viñas, traballos de carpintería, instalación de tarima flotante, pintado de aulas e zonas comúns, arranxo de parques infantís, xardinería e sistemas de rega.

💡 Ademais, realizáronse revisións e reparacións de electricidade, fontanería, iluminación, enchufes, persianas, portas e mobiliario.

Seguimos traballando da man dos centros e das ANPAS para que os colexios estean preparados para o novo curso!

🔗Máis información en concellopoio.gal/actualidade

📚 Listas de material escolar – Curso 2026-2027Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso 2026-2027 ...
01/07/2026

📚 Listas de material escolar – Curso 2026-2027

Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso 2026-2027 na web!

👶 Educación Infantil
As mestras informarán nas reunións de inicio de curso, que se celebrarán entre os meses de setembro e outubro, do material escolar necesario para cada grupo.

🎒 Educación Primaria
Consulta e descarga a lista correspondente no seguiente enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidorariestra/

Un ano máis, o noso centro participou na xornada "Aporta Natureza por Terra e por Mar: Recolle-Recicla-Recupera", organi...
31/05/2026

Un ano máis, o noso centro participou na xornada "Aporta Natureza por Terra e por Mar: Recolle-Recicla-Recupera", organizada por Con Emoción Events en colaboración co Concello de Poio e subvencionado polo plan social ENCE.

O curso pasado, parte dos residuos recollidos convertíronse en bancos que recibimos no colexio. Este ano se completará con mesas de traballo 👏👏.

Seguimos apostando por actividades tan gratificantes que fomenten a educación ambiental e o respecto pola natureza.
Grazas a organización polo recoñecemento recibido e ao noso alumnado polo seu bo facer como equipo, o entusiasmo mostrado e ser exemplo de compromiso no coidado e conservación do medio ambiente.

Hoxe tocou despedir ao noso auxiliar de conversa William, e facémolo cunha mestura de gratitude, cariño e un chisco de t...
28/05/2026

Hoxe tocou despedir ao noso auxiliar de conversa William, e facémolo cunha mestura de gratitude, cariño e un chisco de tristeza.
Desexámoslle a mellor das sortes nesta nova etapa e agardamos volver atoparnos no futuro.
See you soon, William! 💙

Onte tivemos a sorte de acudir ao Centro Vacacional da Lanzada da Deputación de Pontevedra para recoller o premio do con...
27/05/2026

Onte tivemos a sorte de acudir ao Centro Vacacional da Lanzada da Deputación de Pontevedra para recoller o premio do concurso “E ti, que pensas da Igualdade?”, da man dos deputados Paula Bouzós e Javier Tourís.

Foi unha xornada moi especial, divertida e compartida con outros centros premiados, na que desfrutamos moitísimo do encontro e experiencias arredor da igualdade.

Queremos agradecer tamén o acompañamento das Concellerías de Educación e Igualdade do Concello de Poio, sempre ao noso carón apoiando iniciativas tan importantes para a nosa comunidade educativa.

A todas e todos, mil grazas! 💜

Dirección

Camino A Reiboa/A Seca, N° 10
Pontevedra
36994

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CEIP Plurilingüe Isidora Riestra publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir