CCP Xaquín Lorenzo

CCP Xaquín Lorenzo

Compartir

Centro Cultural Popular da Deputación de Ourense. Un espazo para conectar coa nosa cultura

21/08/2026
Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 21/08/2026

🌍 A música, a danza e as tradicións encheron de vida a 41ª edición das Xornadas de Folclore.

Compartimos algúns dos momentos vividos nestes días de festival.

Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 18/08/2026

🌍 A música, a danza e as tradicións seguen enchendo de vida a 41ª edición das Xornadas de Folclore.

Compartimos algúns dos momentos vividos nestes días de festival.

Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 16/08/2026

🌍 Así comezou a 41ª edición das Xornadas de Folclore.

O Teatro Principal de Ourense acolleu o acto inaugural desta nova edición das Xornadas de Folclore, nunha xornada que comezou co tradicional acto de bandeiras, símbolo do encontro entre as culturas participantes.

A continuación, o grupo de baile Castro Floxo foi o encargado de abrir o programa artístico, dando a benvida ao público e ás delegacións chegadas de Armenia, Ecuador, México, Senegal, Serbia e Taiwán.

Compartimos algunhas das imaxes dunha noite que marcou o inicio de dez días de música, danza e tradición na provincia de Ourense.

📸 Jorge J Martìnez fotografìa

Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 06/08/2026

🌍 Seis países, seis culturas e unha mesma linguaxe: o folclore.

As 41ª Xornadas de Folclore reunirán en Ourense agrupacións de Armenia, Ecuador, México, Senegal, Serbia e Taiwán, que compartirán co público a esencia das súas tradicións a través da música e da danza.

👉 Desliza para coñecer as agrupacións participantes desta edición.

Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 04/08/2026

🗓️ Xa podedes consultar o programa completo da 41ª edición das Xornadas de Folclore!

Desliza para descubrir todas as datas, horarios e localidades das actuacións que percorrerán a provincia de Ourense do 10 ao 20 de agosto.

📌 Garda esta publicación para ter sempre o programa á man e compártea con quen non queira perderse esta edición.

03/08/2026

⚠️Troco nos grupos participantes

🌍 A conta atrás xa comezou!

Do 10 ao 20 de agosto celebrarase a 41ª edición das Xornadas de Folclore, un evento que converterá a provincia de Ourense nun gran punto de encontro entre culturas de todo o mundo.

Nesta edición participarán agrupacións de Armenia, Ecuador, Kenia, México, Serbia e Taiwán, que achegarán ao público a música, a danza e as tradicións dos seus países.

Unha oportunidade única para descubrir a riqueza cultural de seis países e g***r do folclore internacional en diferentes escenarios da provincia.

Agardámosvos nas Xornadas de Folclore!

📍 Concellos participantes:
Concello de Allariz, Concello da Rúa, Concello de Bande, Concello do Barco de Valdeorras, Concello do Carballiño, , Concello Celanova Concelho Celanova, Concello Entrimo, , Concello de Manzaneda, Concello de Ourense, Concello de Ribadavia, , Concello de Verín, Concello Viana Do Bolo, Concello de Xinzo de Limia

🫶 Organiza: Deputación de Ourense
🤝 Coa colaboración da: Xunta de Galicia e dos concellos participantes
🎶 Coordinación artística:

🌐 Moi pronto compartiremos o programa completo.

Photos from CCP Xaquín Lorenzo's post 01/08/2026

Sempre é especial levar o noso folclore a lugares que tamén forman parte da nosa familia. Onte estivemos en Sarreaus, compartindo unha fermosa xornada de baile e tradición.
Grazas pola acollida e por facernos sentir coma na casa.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección

Centro Comercial "As Lagoas" , Praza Daniel González, 4
Orense
32004