IES Otero Pedrayo

IES Otero Pedrayo

Compartir

Páxina do Instituto de Educación Secundaria Ramón Otero Pedrayo de Ourense. http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/index.php

12/08/2026

A ECLIPSE!
Chegou o día! E que ben nola deixou explicada o noso alumno Mateo. Mirade, mirade...
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Photos from IES Otero Pedrayo's post 26/06/2026

OPORTO- LISBOA- COIMBRA
O alumnado de 2º da ESO gozou dunha inesquecible viaxe de fin de curso por terras portuguesas: Oporto, Lisboa e Coimbra foron os lugares escollidos.
Durante catro días descubriron a riqueza histórica, patrimonial e culturas de Portugal, combinando aprendizaxe, convivencia e novas experiencias fóra da aula. Visitaron lugares emblemáticos, compartiron momentos únicos e coñeceron de preto a historia e as tradicións do país veciño.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

23/06/2026

RECORDATORIO

Photos from IES Otero Pedrayo's post 23/06/2026

GRADUACIÓN 4º ESO
O venres pasado, pechaba o ciclo de secundaria obrigatoria o noso alumnado de 4º ESO nun acto de graduación cheo de alegría e emotividade; non faltaron os discursos, premios a profes, música en directo, vídeos recap e, por suposto, a entrega de diplomas. Parabéns, nosos nenos e nenas!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Photos from IES Otero Pedrayo's post 22/06/2026

CÍES
O alumnado gañador do concurso de coreografías puido g***r agora, a final de curso, do seu merecido premio: visitar as Cíes, con ruta de sendeirismo incluída e, como non, baño na praia de Rodas. Regalazo!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

15/06/2026

XIII Xornadas pola Diversidade. Arrancamos!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Rodrigo y Xiana, los mejores ourensanos de la PAU, estudiarán matemáticas: “Elegí esta carrera por mi profesora, me gustaría poder ser como ella” 15/06/2026

Xiana Sotelo, alumna do IES Otero Pedrayo. Mil parabéns, a ti e a todo o noso alumnado que obtivo uns excelentes resultados nas probas PAU!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Rodrigo y Xiana, los mejores ourensanos de la PAU, estudiarán matemáticas: “Elegí esta carrera por mi profesora, me gustaría poder ser como ella” Rodrigo Villaverde consiguió un 13,58 de nota final en la PAU, mientras que Xiana Sotelo un 13,232. Ambos son los alumnos con la mayor nota de la selectividad en Ourense

Photos from IES Otero Pedrayo's post 05/06/2026

TORNEO INTERAULAS DE BALONCESTO
Remata o torneo interaulas de baloncesto 3x3. Tras ocupar os tempos de lecer do terceiro trimestre con diferentes actividades relacionadas co baloncesto, chegamos á final coa proclamación dos vencedores de cada curso: 1º ESO A, 2º ESO A, 3º ESO C e 4º ESO A.
Parabén a todo o alumnado por competir baseándose nos valores de xogo limpo e a colaboración entre todos e todas para acadar o obxectivo.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

05/06/2026

CERTIFICACIÓN DE NIVEL EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Hoxe, no Paraninfo do centro, fixemos entrega dos certificados de nivel, tanto en inglés (Cambridge) como en francés (Delf) , ao alumnado de 2º BAC que se presentou a estas probas, xestionadas desde o noso centro. Parabén a todos e todas!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Teléfono

Dirección

Orense
32005