Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Compartir

Grupo de Investigación da Universidade de Vigo: Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio / GEAAT

O Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio -GEAAT- é un grupo de investigación da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Vigo composto por 42 investigadores que aportan diversas perspectivas, todas ligadas ao estudo do territorio e os recursos naturais de Galicia dende a primeira ocupación humana ata época tardoantiga. Este grupo está inserido no Campus da Auga, qu

Photos from Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio's post 15/11/2023

Dende a área de Historia Antiga en colaboración co GEAAT e o Grupo Deméter, no marco do proxecto VIPMA (Vulnerabilidad Intrafamiliar y Política en el Mundo Antiguo), organizamos o Seminario: Vulnerabilidade e relacións maternofiliais no Mundo Antigo, que terá lugar os días 23 e 24 de Novembro no Salón de graos da Facultade de Historia (4º andar). Este seminario conta coa participación de especialistas en diversas culturas do Mundo Antigo, dende o antigo Exipto ata Grecia e Roma. É unha oportunidade para a comunidade universitaria e o alumnado de asistir ás investigacións actuais do mundo antigo en canto a aspectos de xénero e sociedade.

29/06/2023

🎓 Óscar Penín Romero, Licenciado en pola Universidade de Vigo-Facultade de Historia de Ourense

Conta con máis de 20 anos de experiencia laboral no sector privado (Fundación Uxío Novoneyra, Stoa, Ruralisto) e no público (UVigo, LAB-PATC, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, AHPOU). Foi galardoado co Premio 2019 Culturgal Feira Industrias Culturais polo seu proxecto “Festival Eidos”, mencionado polo goberno francés ás boas prácticas en proxectos europeos no marco do proxecto “LitFest” e nomeado pola Asociación Formigueiros-Courel á “Tesera de Hospitalidade do Courel” pola súa contribución ao desenvolvemento do territorio. Actualmente é investigador contratado no proxecto rurAllure H2020, onde realizou unha gran cantidade de transferencia, sendo coordinador dos proxectos sociais e culturais do Campus de Ourense da Universidade de Vigo: ALDEARMOS e PEDRA, festa do saber.


VOTA 🗳 mtr.bio/alumni-uvigo

📩 Co teu voto podes elexir un finalista por cada categoría
🖱️ Elixe finalista premendo sobre a imaxe do candidato
📌 Non é necesario votar a todas as categorías
📌 Un único voto por categoría e só poderás votar unha vez
✍🏻 Necesario rexistro previo na Comunidade Alumni-UVigo

Photos from Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio's post 12/05/2023

Hoxe, primeira sesión práctica da materia de Prehistoria Universal co alumnado de 1º curso do grao en Xeografía e Historia. Actividade organizada pola área de , coordinada por Martiño Xosé Vázquez, e coa fantástica colaboración do arqueólogo Caamaño, así como da Facultade de Historia de Ourense e do Campus Auga Universidade de Vigo

03/05/2023

⚠️Estudantado de Historia achégase ás técnicas de simulación de dinámicas sociais nas aulas abertas do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio coa participación de profesorado da Aarhus University (Dinamarca).

➡️ https://mtr.cool/nlejvvdfef

26/04/2023
12/04/2023

Mañá 13 de Abril ás 11:59H remata o prazo para solicitar un contrato de 6 MESES a 30H SEMANAIS convocado polo GEAAT. 🚨 🚨
A presentación de solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/), entrando en Procedementos e trámites/PAS/PDI e premendo no enlace UCPI 0723- Concurso de méritos para a contratación de persoal investigador e deberán indicar no asunto UNICAMENTE a REFERENCIA DA OFERTA.

Xunto coa solicitude deberán subir os seguintes documentos:
• Currículum vítae.
• Declaración responsable (anexo I) de cumprimento dos requisitos establecidos nas bases da presente convocatoria e da veracidade dos datos achegados no currículum vítae.

08/04/2023

Contratos para persoal investigador no GEAAT-GPC-ED431B 2022/09
Contrato de duración determinada por circunstancias da produción (máximo 6 meses). Fin do prazo: 13 de abril.
Bases:

secretaria.uvigo.gal

Charla El Pasado Reciclado: imagen, percepciones y apropiación social del pasado prehispánico en el Yucatán actual 30/03/2023

Fecha: viernes 31 de marzo de 2023
Hora: 8:00 a.m.
Lugar: salón R 111, Universidad de los Andes, Bogotá, Colombia
Ofrecida por: Beatriz Comendador Rey, profesora de la Universidad de Vigo e investigadora del Grupo de Estudios de Arqueología, Antigüedad y Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio
Organizada por: Carmen Pérez, profesora visitante del Departamento de Historia del Arte de la Universidad de los Andes

Charla El Pasado Reciclado: imagen, percepciones y apropiación social del pasado prehispánico en el Yucatán actual Charla abierta ofrecida por Beatriz Comendador Rey

26/03/2023

Primeiros galegos

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección

Orense
32004