16/03/2026
O 20 de marzo terá lugar unha nova saída de estudo do 1º curso do Grao en Xeografía e Historia da Universidade de Vigo. No marco da materia de Fundamentos de Xeografía Humana, o alumnado visitará a A Coruña para analizar sobre o terreo o desenvolvemento urbano e a dinamización territorial dunha cidade clave do Eixo Atlántico.
09/03/2026
O 13 de marzo terá lugar unha nova saída de estudo do 3º curso do Grao en Xeografía e Historia da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, no marco da materia de Historia da Arte Contemporánea. A actividade estará centrada na figura de Francisco Asorey, coñecido como “o escultor da raza”, e na relación entre a súa obra e a paisaxe de Galicia.
03/03/2026
Esta semana recibimos a visita do Prof. Dr. Kamil Kropáč 🇨🇿 (Palacký University Olomouc) no marco do programa +. Anda polas aulas compartindo reflexións sobre meteoritos e sobre a historia natural e humana do planeta Terra. 🌍✨
03/03/2026
Mércores 15/04/2026 - sábado 25/04/2026 [11 días; 9 noites Tunisia, 1 noite Madrid]
20 prazas (ampliables ata 25)
720 €/pax (+50€/pax aloxamento optativo en Madrid). 1º pagamento 400€, coetáneo á inscrición.
Programa provisional e formulario de inscrición en https://viaxesarqueou.blogspot.com/2026/03/16-viaxe-de-estudos-arqueoloxicos.html
Prazo inscrición: 03/03/2026-10/03/2026 ou que se esgoten as prazas (o que ocorra antes).
02/03/2026
Xa está en marcha a 16ª Viaxe de Estudos Arqueolóxicos: Tunisia 2026! 🌍
Animádevos a participar!
12/02/2026
Os representantes do Consello de Estudantes da UVigo (CEUVI) no campus de Ourense pídennos a nosa colaboración para dar difusión a unha reunión informativa sobre a delegación de estudantes. 🗓️ Esta terá lugar o 24 de febreiro.
02/02/2026
Hoxe chegou a a prof. Jitka Elznicová, da Univerzita Jana Evangelisty Purkyně v Ústí nad Labem 🇨🇿. Esta semana estará na no marco dun convenio ERASMUS+. Unha excelente oportunidade para aprender e fortalecer lazos entre institucións.
05/01/2026
Desde a Facultade de Historia de Ourense, queremos desexarvos un moi feliz Día de Reis. Sabemos que estas datas son de descanso, pero tamén de moito esforzo preparando os vindeiros retos académicos. Aproveitade este último impulso das vacacións para desfrutar da familia e recargar enerxías. Moito ánimo con eses últimos temas e moita sorte nos exames finais!
27/12/2025
Do 17 ao 19 de decembro de 2025, o alumnado da materia Historia de América do Grao en Xeografía e Historia participou nunha enriquecedora experiencia de aprendizaxe en Madrid.
Durante estes días, puideron coñecer de preto a riqueza do patrimonio e a diversidade cultural a través das seguintes visitas:
🏛️ Museo Arqueolóxico Nacional
🎨 Museo Nacional Thyssen-Bornemisza
🇲🇽 Casa de México en España
🏫 Instituto Cervantes
🌎 Museo de América
Foi unha oportunidade única para afondar no papel da muller no México indíxena e ampliar horizontes académicos e culturais.
27/12/2025
Desde a Facultade de Historia do Campus de Ourense da Universidade de Vigo queremos desexarvos un Bo Nadal e unhas felices festas.
Agardamos que poidades g***r destes días en compañía da familia e das persoas achegadas, e que aproveitedes este tempo para descansar e repoñer forzas.
Así mesmo, queremos desexarvos un próspero ano 2026, que comece con ilusión e coas pilas cargadas para os novos retos que están por vir, e que sigades facendo Historia con nós.
12/12/2025
Hoxe, 12 de decembro de 2025, o alumnado da Facultade de Historia de Ourense viviu unha experiencia única cun taller de Arqueoloxía Experimental, impartido por Víctor García Piñeiro 🏺🔍. Esta actividade, enmarcada nas materias de Prehistoria da Península Ibérica e Prehistoria do Noroeste da Península Ibérica, estivo dirixida ao estudantado de 3º e 4º do Grao en Xeografía e Historia.
Unha xornada para aprender a través da práctica e achegarse á vida das sociedades prehistóricas!
09/12/2025
O día 10 de decembro terá lugar a conferencia De Sala a Chellah: Unha cidade milenaria de Marrocos, unha oportunidade para achegarse á historia e ao patrimonio deste enclave excepcional da man de especialistas.