Epapu Ourense

Epapu Ourense

Compartir

Centro educativo de persoas adultas Ensinanzas básicas, Educación secundaria e Bacharelato

23/06/2026

📖✨ Xa está aquí a primeira edición da revista da EPAPU de Ourense!

No seu interior atoparedes humor 😄, lembranzas do curso 📸, experiencias do noso alumnado, historias de diferentes países 🌍, reflexións, eventos e plans para g***r do verán ☀️🏖️

Unha revista feita entre todas e todos para compartir todo o vivido este curso 💙

👉 Lédea aquí:
https://online.fliphtml5.com/epapudeourense/xrxo/ =1

12/06/2026

🎭 Este luns fomos ao Teatro Principal para asistir á representación “Os vellos non deben namorarse, ou si?!”, da compañía Teatro Coles, unha adaptación libre da obra de Castelao.

E vaia éxito! 👏 O teatro estivo con aforo completo e o noso alumnado puido g***r dunha actividade chea de cultura galega 😊

Moitas grazas a Coles Teatro por facernos pasar tan bo momento e tamén ao Teatro Principal de Ourense pola cesión das súas instalacións 🙌

Unha desas saídas que quedan no recordo e que nos lembran que aprender tamén é vivir a cultura de preto 🎟️✨

Photos from Epapu Ourense's post 12/06/2026

🎓 Este mércores 10 de xuño celebramos a graduación do noso alumnado que conseguiu o título do módulo 4 e de 2º de Bacharelato.

Foi un día moi especial, cheo de emoción e orgullo. 💙

📸 Podedes ver máis fotos na nosa páxina web.

Se tedes fotos ou vídeos, etiquetádenos en porfa!!

Grazas por formar parte da familia EPAPU. Desexámosvos o mellor nesta nova etapa! ✨

12/06/2026

📢 Nova FP Básica para persoas adultas
💼 Servizos Administrativos

Tes 18 anos ou os fas este ano?
Precisas conseguir o título da ESO e tamén unha titulación profesional?

Queres formarte para traballar no ámbito do comercio, a administración, a atención ao público ou a xestión documental?

✨ Esta é a túa oportunidade!

📅 Matrícula: do 15 ao 30 de xuño
📍 Infórmate na EPAPU de Ourense

🎓 Educación pública de calidade!

11/06/2026

🎓 MATRÍCULA ABERTA | CURSO 2026-2027
✨ Volver estudar é abrir novas portas. Este pode ser o teu momento!

📌 OFERTA FORMATIVA E PRAZOS DE MATRÍCULA

✍️ EIPA (Ensinanzas Iniciais para Persoas Adultas)
📅 Prazo:
➡️ 1º prazo: 15 xuño – 10 xullo
➡️ 2º prazo: 1 – 8 setembro

📚 ESPA (Educación Secundaria para Persoas Adultas)
2 Modalidades:
🏫 Presencial
💻 Semipresencial

📅 Prazo:
➡️ 1º prazo: 15 xuño – 10 xullo
➡️ 2º prazo: 1 – 8 setembro

🎓 Bacharelato semipresencial
-Ciencias e Tecnoloxía
-Humanidades e Ciencias Sociais

📅 Prazo:
➡️ 1º prazo: 15 xuño – 10 xullo
➡️ 2º prazo: 1 – 8 setembro

💼 FP Básica en Servizos Administrativos
Dobre titulación: Graduado en ESO e Técnico Básico.

📅 Prazo: 15 – 30 de xuño

🌍 Inglés e francés
📅 Prazo: Mes de setembro

🗣️ ELE (Español como Lingua Estranxeira)
📅 Prazo:
➡️ 1º prazo: 15 xuño – 10 xullo
➡️ 2º prazo: 1 – 8 setembro

💻 Informática
📅 Prazo: Mes de setembro

🌐 Aula Mentor
Formación online con matrícula flexible, para seguir aprendendo ao teu ritmo.

🚀 Nunca é tarde para estudar, mellorar e empezar unha nova etapa.

📢 Anímate e matricúlate no EPAPU de Ourense!

Photos from Epapu Ourense's post 09/06/2026

📢 Alumnado de 1º Bacharelato e ESPA.

Se non conseguiches superar algunha materia ou ámbito na convocatoria ordinaria, non te preocupes: aínda tes unha nova oportunidade na convocatoria extraordinaria. 💪📚

Consulta na imaxe as datas, horarios e aulas dos exames finais extraordinarios de xuño. 🗓️✏️

Organízate con tempo, revisa ben o calendario e afronta estes días con confianza.

Estás a tempo de conseguilo! 🍀

04/06/2026

Novas datas para a proba de Valoración Inicial da Aprendizaxe (VIA) para o curso 2026-2027!

📚 Se non tes certificados académicos ou homologacións, pero contas con coñecementos e experiencias adquiridas a través da educación formal ou non formal, esta proba é para ti!

📝 A Valoración Inicial da Aprendizaxe (VIA) é un proceso fundamental que nos axuda a identificar o teu nivel de formación. Este proceso permitirá orientarte e asignarte á etapa, nivel e módulo máis axeitado segundo as túas capacidades e obxectivos.

📅 As próximas probas de avaliación inicial (VIA) terán lugar os días mércores 17 e luns 29 de xuño ás 9.30 h.

🎯 Simplemente céntrate no teu futuro; nós valoramos o teu pasado para que sigas avanzando!

+++++++

📚 Si no tienes certificados académicos o convalidaciones, pero cuentas con conocimientos y experiencias adquiridas a través de la educación formal o no formal, ¡esta prueba es para ti!

📝 La Valoración Inicial del Aprendizaje (VIA) es un proceso fundamental que nos ayuda a identificar tu nivel de formación. Este proceso nos permitirá orientarte y asignarte a la etapa, nivel y módulo más adecuados según tus capacidades y objetivos.

📅 Las próximas pruebas de evaluación inicial (VIA) tendrán lugar los días 17 y 29 de junio.

🎯 Solo céntrate en tu futuro; nosotros valoramos tu pasado para que puedas seguir avanzando.

Apúntate!
EPAPU de Ourense
Álvarez de Sotomaior, 4
Tfno: 988 687880

21/05/2026

📢 Alumnado de 2º de Bacharelato

Se non conseguiches superar algunha materia na convocatoria ordinaria, non te preocupes: aínda tes unha nova oportunidade na convocatoria extraordinaria. 💪📚

Consulta na imaxe as datas, horarios e aulas dos exames finais extraordinarios de xuño. 🗓️✏️

Organízate con tempo, revisa ben o calendario e afronta estes días con confianza.

Estás a tempo de conseguilo! 🍀

21/05/2026

📢 Alumnado da ESPA:

Xa podedes consultar o calendario dos exames finais da convocatoria ordinaria. 🗓️✏️

Revisade ben as datas, horarios e aulas para organizarvos con tempo. 💪📚

Moito ánimo nesta recta final! 🍀

21/05/2026

Alumnado de 1º de Bacharelato, xa tedes dispoñible o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria.

Moita sorte e a por eles!

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Orense?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Dirección

Orense

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 22:30
Martes 09:00 - 22:30
Miércoles 09:00 - 22:30
Jueves 09:00 - 22:30
Viernes 09:00 - 22:30