Escola da Banda de Música de Noia

Escola da Banda de Música de Noia Formamos músicos, creamos banda
Dende a aprendizaxe ata o escenario. Local de ensaio Prudencio Romo

664 133 159

🎶 E se todo o que cres sobre aprender música fose un mito?Desliza e descobre a realidade 👉
06/08/2026

🎶 E se todo o que cres sobre aprender música fose un mito?

Desliza e descobre a realidade 👉

🎼Que modalidade é para ti?Coñece as modalidades da nosa Escola de Música e escolle a opción que mellor se adapta ás túas...
22/07/2026

🎼Que modalidade é para ti?

Coñece as modalidades da nosa Escola de Música e escolle a opción que mellor se adapta ás túas necesidades.

➡️ Desliza para velas todas

🎼 Aprender música e moito máis do que imaxinas. Desliza e descúbreo 👉
11/07/2026

🎼 Aprender música e moito máis do que imaxinas. Desliza e descúbreo 👉

🎶 Rematamos un curso cheo de aprendizaxe, esforzo e música coa nosa Audición de Fin de Curso! Queremos dar as grazas a t...
20/06/2026

🎶 Rematamos un curso cheo de aprendizaxe, esforzo e música coa nosa Audición de Fin de Curso!

Queremos dar as grazas a todo o alumnado polo seu traballo e dedicación, ás familias polo apoio constante e pola confianza que depositan na nosa Escola de Música, e tamén ao profesorado polo seu compromiso e ilusión ao longo de todo o ano.

O noso agradecemento esténdese igualmente ás administracións e entidades que colaboran e confían no noso proxecto educativo e cultural, facendo posible que a música siga medrando en Noia.

Parabéns a todos e todas polo gran traballo realizado! 👏

Agora toca g***r dun merecido descanso e cargar enerxías para volver con máis forza. Agardámosvos o vindeiro curso para seguir aprendendo, compartindo e facendo música xuntos🎵

🥁 E se este curso é o que fai que descubra a súa paixón?Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2026/2027 d...
18/06/2026

🥁 E se este curso é o que fai que descubra a súa paixón?

Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso 2026/2027 da Escola de Música da Banda de Noia.

Porque aprender música está ao alcance de todos, e non hai mellor momento para comezar que agora.

👉 Preinscricións abertas na ligazón dispoñible nos perfís de redes sociais de Escola da Banda de Música de Noia e Banda de Música de Noia

🎶 Audición de Fin de Curso da Escola de Música da Banda de Noia 🎶Chega o momento de compartir todo o traballo, a aprendi...
09/06/2026

🎶 Audición de Fin de Curso da Escola de Música da Banda de Noia 🎶

Chega o momento de compartir todo o traballo, a aprendizaxe e a ilusión deste curso. Convidámosvos a acompañarnos na nosa Audición de Fin de Curso, onde o alumnado da escola será o gran protagonista da tarde.

📅 Sábado, 20 de xuño
🕗 20:00 h
📍 Sede da Escola de Música – Local de Ensaio Prudencio Romo

21/03/2026

Onte vivimos unha gran tarde coa audición de primavera da Escola de Música da Banda de Noia. Dende os máis pequenos, dando os seus primeiros pasos, ata os máis veteranos demostrando todo o aprendido… todos puxeron o seu gran de area sobre o escenario ❤️

Grazas de corazón ás familias polo seu apoio constante, ao profesorado polo seu compromiso, paciencia e paixón, e tamén á Concello de Noia pola súa colaboración. Sen vós, nada disto sería posible!

Seguimos facendo música, seguimos medrando 🎺🌸

🌸🎶 Chega a Primavera… e tamén a música!Este venres 20 de marzo ás 20:00h no Local de Ensaio Prudencio Romo, o alumnado d...
12/03/2026

🌸🎶 Chega a Primavera… e tamén a música!

Este venres 20 de marzo ás 20:00h no Local de Ensaio Prudencio Romo, o alumnado da Escola de Música da Banda de Noia súbese ao escenario para compartir todo o que leva meses aprendendo.

A nosa Audición de Primavera é o momento perfecto para que familiares e amigos gocen do talento e da ilusión dos máis novos músicos.

✨ Pequenos grandes intérpretes, moita emoción… e moita música! Agardámosvos!

🎶 Ritmo en movemento na Escola de Música!Co profesor Nando Froján, os máis pequenos aprenden facendo:⭕ Traballan o ritmo...
02/03/2026

🎶 Ritmo en movemento na Escola de Música!

Co profesor Nando Froján, os máis pequenos aprenden facendo:

⭕ Traballan o ritmo cos aros, movendo o corpo e marcando o pulso.

🎤 Rapean a ritmo de negras e corcheas, interiorizando as figuras musicais xogando.

🎼 Empregan material básico de música e movemento adaptado á súa idade.

Aprender música así é sentir, crear e g***r desde o primeiro compás! ❤️

🎶 Presentámosvos ao profesorado da nosa Escola de MúsicaHoxe presentamos a César Fernández Losada, profesor de frauta tr...
21/01/2026

🎶 Presentámosvos ao profesorado da nosa Escola de Música

Hoxe presentamos a César Fernández Losada, profesor de frauta traveseira, cunha formación ligada á nosa contorna musical e unha clara vocación docente.

🎼 Iniciou os seus estudos musicais no Conservatorio Felipe Paz Carbajal de Noia, onde obtivo o Grao Profesional de Frauta no ano 2020.

🎶 Conta con experiencia como docente de música, exercendo como profesor particular de frauta e como profesor titular dende o ano 2022.

🎵 É membro activo da Banda de Música de Noia dende 2017, ademais de colaborar con outras bandas e participar en diversos proxectos musicais, como o Coro do IES Virxe do Mar.

👉 Un músico comprometido coa formación e coa vida musical da nosa banda e da nosa vila.

Dirección

Local De Ensaio Prudencio Romo
Noya

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Escola da Banda de Música de Noia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Escola da Banda de Música de Noia:

Atajos

Compartir

Categoría