PAI de Muras

PAI de Muras Centro de educación infantil (0-3 anos) asentado no Concello de Muras.

04/01/2026

🌟👑👑👑 Vinde a recibir ás SÚAS MAXESTADES o luns 5 de XANEIRO ás 12:00, farán parada 🐪🐪🐪 canda nós na Casa do Médico nun día ben atarefado!

🥶☕🔥 E despois temos CHOCOLATE QUENTE, que CÓMPRE!!

❤️✨🎁 FELICES REIS!! 😃

Hoxe puxemos o broche final ao ano cunha gran festa cos nenos e nenas do Campamento de Nadal organizado polo  🎄🎉Fixemos ...
31/12/2025

Hoxe puxemos o broche final ao ano cunha gran festa cos nenos e nenas do Campamento de Nadal organizado polo 🎄🎉

Fixemos deliciosas galletas de nata e chocolate 🍪🍫, disfrutamos xogando todos xuntos 🤸‍♀️🎲 e celebramos as campanadas cheas de risas, alegría e ilusión 🎆⏰🥳

Grazas a todos e todas por compartir este día tan especial 💙

✨ Feliz ano novo ✨

🎆🎄🍪

Hoxe gozamos dunha fermosa xornada de monicreques da man de  coa súa obra “Monstrólogo” 🎭👏🏻Todo isto foi posible grazas ...
19/12/2025

Hoxe gozamos dunha fermosa xornada de monicreques da man de coa súa obra “Monstrólogo” 🎭👏🏻

Todo isto foi posible grazas ao programa e ao o cal, ademais de organizar esta actuación, tamén nos sorprendeu cunha deliciosa merenda de chocolate quente e biscoito. ☕️🥧

Un día cheo de cultura, diversión e bo sabor!! 🎭🍪🥰

✨ Hoxe ao Punto de Atención á Infancia de Muras chegou un libriño moi especial: “A Estrela” de Paula R. Fornos   Pasámol...
10/12/2025

✨ Hoxe ao Punto de Atención á Infancia de Muras chegou un libriño moi especial: “A Estrela” de Paula R. Fornos

Pasámolo xenial facendo un maratón de contos, cheo de fantasía, sorrisos e moita ilusión. 🌟📚

Estamos segur@s de que este conto tan bonito se converterá no noso favorito… e que o leremos unha e outra vez! 💛✨

05/12/2025
✨ Hoxe tivemos a sorte de recibir a  co seu espectáculo “A Ramona Pequena vai á Lúa” 🚀🎶Desfrutamos por igual as nenas e ...
19/11/2025

✨ Hoxe tivemos a sorte de recibir a co seu espectáculo “A Ramona Pequena vai á Lúa” 🚀🎶

Desfrutamos por igual as nenas e nenos e as profes do .antia.cal.vazquez, así como os nenos e as profes do .

Unha mañá chea de música, humor e moitísimo Rock and Roll, que nos fixo vibrar a todas e todos! 🤘💫

Grazas, Pakolas, por esta viaxe tan especial.

E un agradecemento enorme ao e ao programa por facelo posible. ✨

🎨🍁O outono pinta o chan de follas de cores🍁🎨No PAI de Muras desfrutamos decorando un mural do outono, cheo de cor e crea...
06/11/2025

🎨🍁O outono pinta o chan de follas de cores🍁🎨

No PAI de Muras desfrutamos decorando un mural do outono, cheo de cor e creatividade ❤️🧡💛

Pintamos con pintura caseira feita de fariña, auga e colorante, e encantounos experimentar coas mesturas e ver como aparecían as cores 🌈✨

Foi unha actividade sensorial, divertida e chea da maxia do outono!! 🌰🍂

🎃 O Samaín chegou a Muras! 🎃A semana pasada vivimos unha xornada chea de maxia, risas e un chisco de medo 👻. Decoramos o...
04/11/2025

🎃 O Samaín chegou a Muras! 🎃

A semana pasada vivimos unha xornada chea de maxia, risas e un chisco de medo 👻. Decoramos os centros con cabazas espectaculares, fixemos unha merenda terrorífica e gozamos de música e de disfraces arrepiantes que deron vida a cada recuncho.

Esta celebración foi posible grazas á colaboración das mestras e do alumnado do .antia.cal.vazquez, que puxeron toda a súa creatividade e entusiasmo para facer desta festa algo moi especial 💫.

Tamén queremos agradecer ás familias a súa axuda, dende a preparación das cabazas ás merendas que nos trouxeron, porque sen elas nada sería igual 🫶🏼.

🏫📚🥰
23/10/2025

🏫📚🥰

Para encontrar una matrícula similar hay que remontarse al 2004. La llegada de nuevos vecinos y la puesta en marcha del Punto de Atención á Infancia (PAI) ayudan a nutrir de estudiantes el centro rural

✨📚Hoxe foi un día de contos e ilusión📚✨Os nenos e nenas do  e de Educación Infantil do .antia.cal.vazquez desfrutaron es...
25/09/2025

✨📚Hoxe foi un día de contos e ilusión📚✨

Os nenos e nenas do e de Educación Infantil do .antia.cal.vazquez desfrutaron esta mañá das historias máxicas de , que nos fixo soñar, rir e deixar voar a imaxinación. 💫

Queremos agradecerlle ao por facer posible esta actividade, organizada a través de , e por seguir apostando por propostas culturais pensadas con tanto cariño para os máis pequenos e pequenas. 💛

Non queríamos comezar un novo curso sen antes despedir aos nenos e nenas que remataron a súa andaina no PAI de Muras.✨Di...
02/09/2025

Non queríamos comezar un novo curso sen antes despedir aos nenos e nenas que remataron a súa andaina no PAI de Muras.

✨Dicimos adeus a un curso inolvidable✨
Pechamos unha etapa co corazón cheo de recordos, aprendizaxe e momentos compartidos que nos fixeron medrar e desfrutar xuntos, día a día. 📚💫

Foi un ano repleto de actividades, xogos, risas e experiencias que quedarán para sempre na nosa memoria. Grazas a todas e todos os que formaron parte desta viaxe tan especial. ❤️

E non podíamos ter un mellor peche que a nosa festa de fin de curso 🎉, onde compartimos alegría, música e moitísima emoción xunto a todas as familias. Grazas por acompañarnos e facelo tan especial!! 🥳🧑‍🧑‍🧒‍🧒

Agora, os nosos pequenos e pequenas prepárense para comezar unha nova etapa educativa noutro cole. Estamos seguros de que brillarán aló onde vaian! 🌟🌈

Vémonos na próxima aventura!! 🥰♥️

Dirección

Rúa Margarida S/n
Muras
27836

Horario de Apertura

Lunes 08:00 - 16:00
Martes 08:00 - 16:00
Miércoles 08:00 - 16:00
Jueves 08:00 - 16:00
Viernes 08:00 - 16:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando PAI de Muras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a PAI de Muras:

Atajos

Compartir