Gozamos dun enclave rural envexable con un amplo espazo exterior onde se albergan 3 patios con xogos para diferentes idades, unha pista de fútbol e un pavillón polideportivo que o concello nos permite usar durante todo o horario lectivo. No interior do centro temos dúas plantas: na planta inferior están as aulas de infantil, 1º ciclo e música e plástica e na planta superior as aulas de primaria, i
nglés, audición e linguaxe, departamento de orientación e aula de pedagoxía terapéutica.. Ademais gozamos dun ximnasio e un patio cuberto. Neste último tamén hai un ludoteca con moitos xogos de mesa onde os nenos e nenas poden xogar nos días de chuvia. Contamos tamén cunha fermosa biblioteca de recente creación, onde se pode ler e usar ordenadores para busca de información. Levamos xa varios anos dentro do PLAMBE. O centro, a pesar de ter xornada de mañá, dispón de servizo de comedor con cociñeira que prepara pratos con menús variados elaborados mensualmente e publicados no blogue do centro. O claustro de profesores está formado un total de 10 mestres moi implicados na súa tarefa docente. Actualmente estamos participando nun proxecto de formación permanente sobre o estudo da contorna tentando sempre un maior chegamente ás novas teconloxías.
É de salientar a existencia de varias pizarras dixitais(unha en cada aula do centro) e cada aula ademais dispón de proxector, pantalla e ordenador persoal. A nosa aula de informática consta de 10 ordenadores de sobremesa e varios portátiles cos que podemos traballar en grupo. Se por algo nos caracterizamos é pola atención individualizada e personalizada dos nosos alumnos/as aos que podemos prestar atención exclusiva dado que contamos cunha media de 10 alumnos por clase.