Máster en Servizos Culturais USC

Máster en Servizos Culturais USC

Compartir

Formamos especialistas de alto nivel na análise da cultura así como na xestión e programación de actividades e proxectos culturais especializados.

Este máster presenta un amplo abano de posibilidades profesionais en, entre outros, os seguintes ámbitos:

- Conservación, promoción e ordenación do patrimonio cultural.
- Xestión e programación cultural en institucións e administracións públicas (técnicos culturais).
- Dinamización cultural (promoción da cultura en distintas institucións e organización de proxectos e eventos culturais).
- Deseño

11/08/2020

Esta semana conversamos un anaco con Estefanía Franco. Ela foi alumna do máster no curso pasado e cóntanos as razóns polas que se decidiu a cursalo.

Se queres saber + info sobre o programa e os contidos ▶ https://bit.ly/2EAnoCj

04/08/2020

Pedímoslle a Encarna Lago, docente do Máster en Servizos Culturais USC e Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo que nos explicase cal é o camiño polo que debe ir a xestión cultural.

Falounos da importancia de "xestionar ca comunidade" e poñéndonos na pel de cada un e cada unha; tamén nos explicou algunhas das claves e dos contidos da asignatura que impartirá este ano.

30/07/2020

As industrias culturais contan cun gran abano de vertentes, polo que unha formación específica en xestión da cultura é esencial. Cóntanolo Fernando Quintas, director técnico de Galipat Servizos Culturais, unha das empresas do noso convenio de prácticas. 🙂

Queres saber que traballos desempeñarías con eles? Non te perdas este vídeo 👇

Máis info ▶ https://bit.ly/2EAnoCj

A Domus do Mitreo – MUSEO UNIVERSITARIO 29/07/2020

Coñecedes a Domus do Mitreo, en ?

Mañá publicaremos nas nosas redes sociais unha entrevista cos seus responsables. É unha das entidades nas que podedes facer prácticas se cursades o Máster en Servizos Culturais USC 🙂.

A Domus do Mitreo – MUSEO UNIVERSITARIO As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría non inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.

21/07/2020

Blanca vén do mundo da música e decidiu matricularse no Máster en Servizos Culturais USC para completar o seu currículo e explorar novos camiños.

Para titulados e tituladas en música, danza, teatro ou cine, formarse en xestión cultural ten sentido, non? 😉

Máis información. 👉  https://bit.ly/2Wp3yzU

17/07/2020

Simón é alumno da última edición do Máster en Servizos Culturais USC.

Neste vídeo cóntanos como chegou dende Venezuela ata a Facultade de Humanidades. Que lle aportou o noso mestrado? Que vai facer de agora en diante? 👇

Tedes toda a información e a ligazón a “admisión e matrícula” aquí. 👉 https://bit.ly/2Wp3yzU

16/07/2020

Neste vídeo quixemos resumir as principais características do Máster en Servizos Culturais USC 👇.

Lembrade que está aberto o período de solicitude de matrícula. Tedes toda a información aquí. 👉 https://bit.ly/2Wp3yzU

Máster Universitario en Servizos Culturais (semipresencial) | Universidade de Santiago de Compostela 08/07/2020

Xa está aberto o prazo de solicitude de matrícula do Máster en Servizos Culturais USC (Universidade de Santiago de Compostela).

Se vos interesan, entre outros perfís, os seguintes 👇, este é o voso mestrado:

👉 Conservación, promoción e ordenación do patrimonio cultural.
👉 Dinamización cultural (promoción da cultura en distintas institucións e organización de proxectos e eventos culturais).
👉 Deseño e coordinación de exposicións en museos e galerías de arte.
👉 Promoción e xestión dos recursos culturais orientada ao turismo.

Tedes toda a información e a ligazón a "admisión e matrícula" aquí 👇. Escribídenos se tedes calquera dúbida.

Máster Universitario en Servizos Culturais (semipresencial) | Universidade de Santiago de Compostela

Máster en Servizos Culturais 30/06/2020

Xa vos contamos que a principios de xullo abrirase o prazo de solicitude de matrícula. Avisarémosvos!

Mentras tanto, no blog do máster podedes botar un ollo ao traballo feito nestes anos no que falamos con antigos alumnos e alumnas, con profesionais do sector, etc. Toda información e pouca antes de decidir inscribirse 🙂.

Máster en Servizos Culturais

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Lugo?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección

Complexo Docente Do Campus De Lugo
Lugo
27002