Mancomunidade Terra de Celanova

Mancomunidade Terra de Celanova Celanova, Verea, Quintela de Leirado, Pontedeva, Cartelle, A Merca, Ramirás e Gomesende

🌿✨ OBRADOIROS DE COSMÉTICA NATURAL EN GOMESENDE E PONTEDEVA ✨🌿A Mancomunidade Terra de Celanova organiza dous Obradoiros...
27/08/2026

🌿✨ OBRADOIROS DE COSMÉTICA NATURAL EN GOMESENDE E PONTEDEVA ✨🌿

A Mancomunidade Terra de Celanova organiza dous Obradoiros de Cosmética Natural para aprender, compartir e descubrir os beneficios de elaborar os nosos propios produtos de cosmética natural. 🌱🧴

📍 Gomesende
📅 Xoves 3, 10, 17 e 24 de setembro de 2026
🕟 De 16:30 a 19:00 horas
📞 Inscricións no Concello de Gomesende: 988 485 000

📍 Pontedeva
📅 Venres 18 e 25 de setembro de 2026
🕟 De 16:30 a 19:00 horas
📞 Inscricións no Concello de Pontedeva: 988 495 005

💚 Unha oportunidade para aprender novas habilidades, fomentar o autocuidado e poñer en valor alternativas naturais e sostibles.

👉 Anímate a participar! As prazas son limitadas.

Actividades subvencionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro da Orde para a Promoción da Igualdade ás entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea.

🌸 ACTIVIDADES POLA IGUALDADE EN QUINTELA DE LEIRADO E CARTELLE 🌸Dende a Mancomunidade Terra de Celanova seguimos promove...
27/08/2026

🌸 ACTIVIDADES POLA IGUALDADE EN QUINTELA DE LEIRADO E CARTELLE 🌸

Dende a Mancomunidade Terra de Celanova seguimos promovendo actividades que contribúen á igualdade, á participación e á convivencia nos nosos concellos. 💜

📍 Quintela de Leirado e Cartelle acollerán diferentes actividades pensadas para fomentar a igualdade de oportunidades, a participación social e a sensibilización, creando espazos de encontro e aprendizaxe para a veciñanza.

🙋‍♀️🙋‍♂️ Porque construír unha sociedade máis igualitaria é responsabilidade de todas e todos.

📢 Animádevos a participar!

Actividades subvencionadas pola Consellería de Política Social e Igualdade ao abeiro da Orde para a Promoción da Igualdade ás entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea.

‼️⚠️ SERVIZO DE BOMBEIROS ⚠️‼️
21/07/2026

‼️⚠️ SERVIZO DE BOMBEIROS ⚠️‼️

02/06/2026

🫀CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER🫂👧🏻👩🏻👱🏾‍♀️

Empezamos o obradoiro de cosmética natural no Concello de Cartelle.

Descubrimos como elaborar produtos de coidado persoal con ingredientes naturais, respectuosos coa túa pel e co medio ambiente.

Aberto prazo de inscrición nos concellos de Pontedeva e Quintela de Leirado.

Curso cofinanciado pola subvención para a Promoción de Igualdade e contra a violencia de xénero da Consellería de Política social e Igualdade e cofinanciado pola Unión Europea 🇪🇺

Isto arranca!

💼 MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO🗣️ Onte tivo lugar a reunión semestral da Mesa Loc...
29/05/2026

💼 MESA DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

🗣️ Onte tivo lugar a reunión semestral da Mesa Local contra a Violencia de Xénero, un espazo fundamental de coordinación entre institucións. Contamos coa participación de Roberto Barba Alvedro (Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero), Cristina Rodriguez Cid (Garda Civil), Isabel Gil Álvarez (Centros de Saúde da Mancomunidade), Dolores Martinez González (CPR Sagrado Corazón), Marta Álvarez Calleja (CEIP A Merca), Rosa María Feijóo Rivero (Concello de A Bola), Pura Rodriguez Álvarez (Concello de Gomesende), Segundo Senra Guerrero (Concello de Pontedeva), Marcos Álvarez Fernández (Psicólogo CIM Mancomunidade) e Tania Salgado Rodriguez (Cruz Vermella Celanova).

🎯 Durante o encontro analizouse a situación actual dos casos de violencia de xénero no noso territorio e aprobouse o protocolo de actuación da mesa.

🧩 Queremos agradecer a implicación e a colaboración activa de todas as institucións presentes. A coordinación e o compromiso común seguen a ser claves para avanzar na loita contra a violencia de xénero.

💫Hoxe, a Mancomunidade Terra de Celanova está a participar na xornada formativa sobre a violencia económica exercida con...
21/04/2026

💫Hoxe, a Mancomunidade Terra de Celanova está a participar na xornada formativa sobre a violencia económica exercida contra as mulleres, que se celebra na Biblioteca Pública de Ourense Nós.

🙌🏻Neste encontro estanse a abordar cuestións clave como o control económico, o sabotaxe laboral e a explotación económica, incidindo na importancia de previr e combater este tipo de violencia.

Seguimos comprometidos coa igualdade e coa sensibilización social. 💜

A Mancomunidade Terra de Celanova, a través do CIM, está a participar neste momento no XXII Foro da Igualdade, que se es...
18/04/2026

A Mancomunidade Terra de Celanova, a través do CIM, está a participar neste momento no XXII Foro da Igualdade, que se está a celebrar no Auditorio de Celanova.

Baixo o lema “Mulleres que transforman: conciencia, prevención e cambio fronte ás violencias machistas”, esta xornada reúne a profesionais e participantes nun espazo de reflexión, diálogo e compromiso coa igualdade.

Seguimos traballando xuntas por unha sociedade máis xusta e libre de violencias machistas 💜

Dirección

Celanova
32800

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:30
Martes 09:00 - 14:30
Miércoles 09:00 - 14:30
Jueves 09:00 - 14:30
Viernes 09:00 - 14:30

Teléfono

988451646

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mancomunidade Terra de Celanova publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir