EDLG Thíasos

EDLG Thíasos Equipo de Dinamización da Lingua Galega Thíasos do IES Espiñeira.

FREE ALBERTE!A guerra maldita ten ao noso Alberte nunha situación comprometida. A integridade física e emocional do comp...
20/05/2026

FREE ALBERTE!

A guerra maldita ten ao noso Alberte nunha situación comprometida. A integridade física e emocional do compañeiro periga por mor dunha causa xusta. Pagán, as viaxes e os libros. Pagán aprendeulle á rapazada a poesía visual. Pagán, o loitador apracíbel. Alberte Pagán foi secuestrado o luns en augas internacionais canda outros membros da Flotilla. Tentaban visibilizar o xenocidio que está ao exterminar os palestinos. Escuros escuros intereses imperialistas frustaron a iniciativa. Agardámoste, loitador apracíbel!

A guerra maldita ten ao noso Alberte nunha situación comprometida. A integridade física e emocional do compañeiro periga por mor dunha causa xusta. Pagán, as viaxes e os libros. Pagán aprendeulle á…

BEGOÑA CAAMAÑO OU O REVISIONISMO MITOLÓXICOBegoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964-Santiago de Compostela, 2014) viviu poucos...
14/05/2026

BEGOÑA CAAMAÑO OU O REVISIONISMO MITOLÓXICO

Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964-Santiago de Compostela, 2014) viviu poucos anos, pero ben produtivos no eido das letras. Figura indiscutíbel dunha Compostela en plena eclosión cultural, a autora entregouse ás letras. A súa faceta meramente artística céntrase na reinterpretación mitolóxica, asunto que abordaremos ao longo de distintas entradas. COMPROMETIDA! Fixémonos na súa primeira obra: Circe ou o pracer do azul…...

Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964-Santiago de Compostela, 2014) viviu poucos anos, pero ben produtivos no eido das letras. Figura indiscutíbel dunha  Compostela en plena eclosión cultural, a …

ABRIL OTERIANOAló vai medio século dende que finou. Tal día como hoxe morreu a persoa; xa había que nacera o persoeiro. ...
10/04/2026

ABRIL OTERIANO

Aló vai medio século dende que finou. Tal día como hoxe morreu a persoa; xa había que nacera o persoeiro. Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-ibídem, 1976). Don Ramón entendía as Humanidades ao xeito dos estudosos antigos. A súa visión complementaria das disciplinas plásmase en dúas facetas: a puramente intelectual e a intrinsecamente artística. Non se concibe unha sen a outra, pois na segunda materialízase a primeira....

Aló vai medio século dende que finou. Tal día como hoxe morreu a persoa; xa había que nacera o persoeiro. Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-ibídem, 1976). Don Ramón entendía as Humanidades ao xeit…

DE HOXE A ANTONTEA importancia cultural de Rosalía de Castro f**a fóra de dúbidas. Dende mediados do século pasado estud...
27/02/2026

DE HOXE A ANTONTE

A importancia cultural de Rosalía de Castro f**a fóra de dúbidas. Dende mediados do século pasado estudábase como unha das principais representantes do Romanticismo español; os demais eran varóns. A paisana brilla no Rexurdimento das letras galegas á beira dos varóns. Creación con IA. Porén, o presente século amósanos unha Rosalía de Castro empoderada, posta en valor, sorora, resiliente, diversa, plural…...

A importancia cultural de Rosalía de Castro f**a fóra de dúbidas. Dende mediados do século pasado estudábase como unha das principais representantes do Romanticismo español; os demais eran varóns. …

INTELIXENCIA NATURALSemella casualidade que poucos días afasten o Día Mundial da Lingua Grega (o 9 de febreiro) do Día I...
13/02/2026

INTELIXENCIA NATURAL

Semella casualidade que poucos días afasten o Día Mundial da Lingua Grega (o 9 de febreiro) do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (o 11). A primeira efeméride coincide coa do pasamento do poeta Dionisos Solomós. Pola contra, a segunda non se vincula cun acontecemento concreto, senón coa mera reivindicación da presenza feminina nun eido tradicionalmente masculino....

Semella casualidade que poucos días afasten o Día Mundial da Lingua Grega (o 9 de febreiro) do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (o 11). A primeira efeméride coincide coa do pasamento…

Remitente que testemuña a procedencia da misiva: a imaxinación, que medra coa IA. Estimada señora Parente Morales: Permi...
27/10/2025

Remitente que testemuña a procedencia da misiva: a imaxinación, que medra coa IA. Estimada señora Parente Morales: Permita que me presente. Son Jane Austen; si, a escritora de cuxo nacemento se cumpren 250 anos o vindeiro decembro. Estou segura de que vostede sabe quen son eu; estou igualmente segura de que se estrañará ao recibir esta carta. A dicir verdade, anóxame que o EDLG Thíasos, ao que vostede pertence, non mente a miña persoa nesta efeméride que todo o mundo anda a celebrar....

Remitente que testemuña a procedencia da misiva: a imaxinación, que medra coa IA. Estimada señora Parente Morales: Permita que me presente. Son Jane Austen; si, a escritora de cuxo nacemento se cum…

O patrimonio inmaterial da Galiza ten na oralidade unha alfaia. As letras de cantos cantares e poemas pasaron de nais a ...
19/05/2025

O patrimonio inmaterial da Galiza ten na oralidade unha alfaia. As letras de cantos cantares e poemas pasaron de nais a nais, a máis nais e a novas nais? Velaquí unha cadea que nos amarra á infancia, que nos agarima e nos devolve instantes de cariño indescriptíbeis... Botar un cantar contribúe a atesourar a nosa historia, botar un cantar é aderezarnos con xoias....

O patrimonio inmaterial da Galiza ten na oralidade unha alfaia. As letras de cantos cantares e poemas pasaron de nais a nais, a máis nais e a novas nais? Velaquí unha cadea que nos amarra á infanci…

Portugal expandeuse polo mar adiante ata conquistar territorios lonxanos. O afán imperialista fluía polo sangue ibérico....
09/05/2025

Portugal expandeuse polo mar adiante ata conquistar territorios lonxanos. O afán imperialista fluía polo sangue ibérico. Os lusitanos competían cos españois na adquisición de novos dominios sobre os que exerceren a soberanía. Houbo un tempo en que arribar a Asia constituía unha proba irrefutábel da hexemonía no líquido elemento. Filipinas foi ata o 1898 a colonia más afastada de Castela, epicentro dun imperio onde nunca se puña o Sol....

Portugal expandeuse polo mar adiante ata conquistar territorios lonxanos. O afán imperialista fluía polo sangue ibérico. Os lusitanos competían cos españois na adquisición de novos dominios sobre o…

O 5 de maio do 2009 a CPLP (Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa) nace o Día Mundial da Lusofonía. A iniciativa, p...
06/05/2025

O 5 de maio do 2009 a CPLP (Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa) nace o Día Mundial da Lusofonía. A iniciativa, pola contra, non se institucionaliza ata unha década despois. A lusofonía f**a intimamente vinculada coa transcontinentalidade. Tal concepto refírese á presenza dun territorio en zonas situadas noutro continente. Se aplicamos esta noción ao eido lingüístico, entenderemos por transcontinentalidade a influencia que un idioma exerce sobre continentes distintos....

O 5 de maio do 2009 a CPLP (Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa) nace o Día Mundial da Lusofonía. A iniciativa, pola contra, non se institucionaliza ata unha década despois. A lusofonía f**a…

En abril, cando a primavera estoura en flores e triplos, veu ao mundo Leonardo (Vinci, 1452-Amboise,1519). Por mor das s...
02/04/2025

En abril, cando a primavera estoura en flores e triplos, veu ao mundo Leonardo (Vinci, 1452-Amboise,1519). Por mor das súas cualidades intelectuais eríxese en emblema do Renacemento. Atrás quedan as interpretacións desta etapa como facha que alumea o oscurantismo do Medievo. Os trazos renacentistas manifestáronse paulatinamente ata preterir o teocentrismo e centrarse no antropocentrismo. Visitamos o castelo de Clos-Lucé en Amboise, onde, baixo o auspicio de Francisco I, transcorreron os últimos anos de vida do artista....

En abril, cando a primavera estoura en flores e triplos, veu ao mundo Leonardo (Vinci, 1452-Amboise,1519). Por mor das súas cualidades intelectuais eríxese en emblema do Renacemento. Atrás quedan …

Dirección

Boiro

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando EDLG Thíasos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a EDLG Thíasos:

Atajos

Compartir