30/08/2026
O vindeiro sábado 5 de setembro, ás 20.00 h, o BNG das Mariñas volverá ao paseo Antolín Faraldo de Betanzos para celebrar a homenaxe a unha das figuras centrais da Revolución Galega de 1846 e xérmolo do pensamento nacionalista.
Ao pé do seu monumento, reivindicaremos o legado político de Antolín Faraldo, o seu compromiso coa defensa dos intereses de Galiza e a súa vontade de abrir camiño para un país dono de si.
Un acto de memoria e reivindicación co que o BNG das Mariñas dá inicio a un novo curso político, coa vontade de seguir traballando pola construción dunha Galiza con máis dereitos e máis soberanía.
🗣️ Intervirán:
• Alberte G. Nicolás, responsábel comarcal do BNG das Mariñas
• César Caramês, profesor e investigador
• Mercedes Queixas, deputada do BNG
📍 Paseo Antolín Faraldo, Betanzos
📅 Sábado, 5 de setembro
🕗 20.00 h
Agardámoste!