Escola Merlín en Loita

  • Home
  • Escola Merlín en Loita

Escola Merlín en Loita Incumprimentos nos pagamentos 💶
Despidos ❌
Reduccións de xornada❌
Represión sindical🔇📢

💬 Desde o equipo de traballadoras da Escola Infantil Merlín queremos compartir as novas así como a nosa preocupación pol...
03/07/2025

💬 Desde o equipo de traballadoras da Escola Infantil Merlín queremos compartir as novas así como a nosa preocupación pola situación actual da escola.

Durante as últimas semanas traballouse nun posible traspaso da xestión a dúas profesionais con experiencia e compromiso, Andrea e Emma, que nos devolvían a esperanza de continuidade e estabilidade para o proxecto educativo. Porén, este proceso quedou paralizado e o futuro da escola está, unha vez máis, no aire debido a conflictos coa comunidade de veciños.

💛 A pesar de todo, seguimos firmes no noso compromiso coas familias, coas crianzas e cunha escola que sentimos como nosa.

🤝 Facemos un chamamento a todas as partes implicadas , - á actual empresa, ás institucións competentes, ás familias, ás novas promotoras do proxecto e ao conxunto da comunidade- para abrir un diálogo serio e construtivo que permita garantir a continuidade da escola.
Respectamos e entendemos a posición do conxunto da veciñanza, e dende este punto de comprensión solicitámoslles a apertura de canles de diálogo, con altura de miras e colaboración, para chegar a un acordo que permita que a escola continúe aberta, volva medrar e se consolide como o que algun dia foi.

📢 Pedimos tamén ao Concello de Ames que actúe como mediador e axude a manter este recurso educativo esencial para as crianzas de 0 a 3 anos.

🙏 Agradecemos unha vez mais a disposición de Andrea e Emma, así como ás familias polo apoio incondicional. Seguimos crendo en Merlín, na súa forza, e no seu valor para a comunidade.

O xoves 20 de marzo de 2025 a compañeira e educadora María acudía ao xulgado pola modificación de xornada que lle foi im...
24/03/2025

O xoves 20 de marzo de 2025 a compañeira e educadora María acudía ao xulgado pola modificación de xornada que lle foi imposta no mes de febreiro, reducindo o seu posto de traballo á metade.

Previa celebración deste, ambos avogados (da parte demandada e demandante) chegan a acordo na conciliación, de maneira que a empresa ofrece deixar sen efecto a modificación realizada e reintegrar á traballadora nas súas condicións anteriores e comprométese a afrontar o pago das diferenzas salariais dende a modificación realizada ata o día de hoxe, de maneira que o xuízo non se leva a cabo.

Sobra dicir que os argumentos amosados pola empresa eran falsos e incertos, tanto cuantitativa como cualitativamente, e iso quedou demostrado o pasado xoves.

Grazas a loita constante polos nosos dereitos como traballadoras atopamonos satisfeitas do camiño que estamos a percorrer. Seguimos pedindo que readmitan a compañeira Iria e a busca conxunta de alternativas. Non nos imos rendir e non deixaremos de loitar polo que é noso. 💪🏼🔇

Dandolle voz á nosa situación. Escola Merlín, SOLUCIÓN!! ✊🏼💪🚨
14/03/2025

Dandolle voz á nosa situación. Escola Merlín, SOLUCIÓN!! ✊🏼💪🚨

Hoxe, no Día da Clase traballadora galega, levamos o noso conflicto á manifestación da CIG. A loita continua! ✊🏼🔇
10/03/2025

Hoxe, no Día da Clase traballadora galega, levamos o noso conflicto á manifestación da CIG. A loita continua! ✊🏼🔇

06/03/2025
O xoves estivemos no pleno de Ames, onde Bng Ames presentou unha moción explicando a situación que estamos a vivir dende...
04/03/2025

O xoves estivemos no pleno de Ames, onde Bng Ames presentou unha moción explicando a situación que estamos a vivir dende fai moitos meses, e de apoio á nosa loita, a cal foi aprobada co voto favorable do grupo do goberno de PSOE. De novo moi agradecidas.
A loita é o único camiño💪🏼

Onte foi o oitavo dia de protesta polo despido da nosa compañeira Iria, ademais das irregularidades que se están produci...
26/02/2025

Onte foi o oitavo dia de protesta polo despido da nosa compañeira Iria, ademais das irregularidades que se están producindo na escola Merlín.
Seguiremos mobilizandonos ate conseguir unha negocación ou se produza o traspaso da escola, pois sabemos que esta é totalmente viable.
Mañá xoves estaremos no pleno onde os concelleiros e concelleiras do bng de Ames presentarán unha moción. Agradecemos unha vez mais o seu apoio.

26/02/2025

Oitavo día de protesta polo despedimento dunha traballadora e polas irregularidades na Escola Infantil Merlín

As mobilizacións continuarán até conseguir unha solución negociada ou até que se traspase a empresa. Este xoves o persoal da escola estará no pleno municipal e o próximo levará a cabo unha manifestación polas rúas de Bertamiráns.

🛜 https://www.cig-ensino.gal/nova/oitavo-dia-de-protesta-polo-despedimento-dunha-traballadora-e-polas-irregularidades-na-escola-infantil-merlin.html

Address

Bertamirans

15220

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Escola Merlín en Loita posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

  • Want your school to be the top-listed School/college?

Share