Festival Mar de Mares

Festival Mar de Mares

Compartir

Festival Mar de Mares é un encontro anual de celebración e preservación do mar, con epicentro na Coru

O Festival Mar de Mares é un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que en setembro de 2014 celebrou a súa primeira edición na cidade da Coruña. É un encontro arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidad

23/06/2026

Xa está aquí o aftermovie de Mar de Mares 2026.

Durante uns días, A Coruña volveu mirar ao mar doutro xeito. Entramos en espazos que normalmente non se ven. Escoitamos historias que veñen de lonxe. Tocamos, limpamos, probamos, preguntamos e volvemos lembrar que o océano non é fondo de pantalla: forma parte do que somos.

Isto foi Mar de Mares 2026.
E si, apetécenos velo outra vez. 🌊

Photos from Festival Mar de Mares's post 19/06/2026

Grazas por facer medrar Mar de Mares.

Pechamos a XIII edición cun balance que nos emociona: 32 actividades, 33 relatores, case 2 toneladas de lixo retiradas do mar e máis de 45.000 asistentes estimados ata o peche da exposición “O mar que nos habita”.

Grazas ao público, artistas, relatores, entidades, voluntariado, patrocinadores e colaboradores por acompañarnos nesta edición.

O mar segue aí. Nós tamén. 🌊

13/06/2026

Paseo pola cidade-barco con Xurxo Souto : as pedras do Mar da Torre

Mañá saímos a camiñar arredor da Torre para descubrir as pedras que rodean este mar: O Redondo, o Cabalo, as Longuiñas, Rabaleira, Xanrei, Gaivouteiro, Xogadoiro, Macallás…

Un paseo para mirar A Coruña desde outro lugar. Coas súas historias, nomes e memoria.

📍 Adormideras
🕚 11:00 h
🎟️ Actividade gratuíta con inscrición previa. Enlace na bio.

Paseos pola cidade-barco: As pedras do Mar da Torre 13/06/2026

Vas perder a oportunidade de escoitar a Xurxo Souto falar da relacion que une a Coruña co seu mar? Un plan perfecto para un a mañá do domingo: un paseo con nome propio pola contorna de dáa Torre de Hércules.

Achegarémonos ás pedras que custodian a Torre —O Redondo, Xanrei, Macallás...— para descubrir os seus nomes e as súas fascinantes historias. Será un percorrido cheo de simbolismo, memoria mariñeira e beleza natural que acabará nas porta do Aquarium Finisterrae.

Quedan moi poucas prazas libres para vivir esta experiencia coa enerxía e a maxia que só Xurxo sabe dar ás nosas raíces.

Reserva as túas entradas aquí 👇

Paseos pola cidade-barco: As pedras do Mar da Torre Un paseo con nome propio polas pedras mariñas da Torre de Hércules: historia, eufonía e mar, da man de Xurxo Souto.

Photos from Festival Mar de Mares's post 11/06/2026

Hoxe no IV Foro Azul falouse do mar que xa está cambiando.

Da IA aplicada ao sector marítimo. Da dixitalización das lonxas. Da acuicultura como oportunidade internacional. Do talento que falta. Do produto local. Das algas. Dos portos que se abren á cidade.

E fíxose cun nivelazo de poñentes, pero tamén cun ton dinámico, próximo e moi vivo. Un foro para aprender, si. Pero tamén para escoitar, preguntar e pasalo ben falando do futuro do mar.

Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible unha xornada tan boa!

Photos from Festival Mar de Mares's post 09/06/2026

Unha torre, moitas historias e A Coruña desde as nubes.

Na visita á Torre de Control Marítimo descubrimos como funciona por dentro, algúns segredos da súa construción e arquitectura, e esa parte imposible de superar: mirar a cidade, o porto e o Atlántico desde arriba de todo 👌

Photos from Festival Mar de Mares's post 09/06/2026

O IV Foro Azul Mar de Mares reunirá voces da ciencia, a innovación, a economía azul, a gastronomía, o patrimonio e a sustentabilidade para falar do futuro do océano e da relación de Galicia con el.

Intelixencia artificial aplicada ao océano, industria naval, acuicultura sostible, produto local, turismo, benestar litoral e novas formas de abrir a cidade ao mar.

Unha xornada para escoitar, conectar ideas e mirar o océano non só como paisaxe, senón como motor de futuro.

📍 Espazo Avenida ABANCA · A Coruña
📅 Xoves 11 de xuño
🌊 Mar de Mares 2026

Consulta a programación completa en festivalmardemares.org

09/06/2026

O IV Foro Azul Mar de Mares reunirá voces da ciencia, a innovación, a economía azul, a gastronomía, o patrimonio e a sustentabilidade para falar do futuro do océano e da relación de Galicia con el.

Intelixencia artificial aplicada ao océano, industria naval, acuicultura sostible, produto local, turismo, benestar litoral e novas formas de abrir a cidade ao mar.

Unha xornada para escoitar, conectar ideas e mirar o océano non só como paisaxe, senón como motor de futuro.

📍 Espazo Avenida ABANCA · A Coruña
📅 Xoves 11 de xuño
🌊 Mar de Mares 2026

Consulta a programación completa en festivalmardemares.org

Photos from Festival Mar de Mares's post 08/06/2026

Onte, no Aquarium Finisterrae, vivimos un encontro precioso con e , guiado por , arredor do mar, o traballo, a memoria e os lugares que tamén escriben as novelas.

Da Costa da Morte ao Vigo dos estaleiros, dúas formas de contar o océano desde quen o vive, o sostén e o lembra.

Unha desas conversas nas que o escenario tamén fala 🐟

08/06/2026

O mar non cabe nun día 🐋

No Día Mundial dos Océanos, lembramos algo sinxelo: o océano non se celebra só hoxe. Cóidase, escóitase e vívese cada día.

Próxima parada: IV Foro Azul · 11 de xuño

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en A Coruña?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Dirección

Dársena De La Marina
A Coruña