19/06/2026
O vindeiro luns, 22 de xuño, ás 16:30 h, a ANPA A Carballeira organiza na Escoliña de A Rega unha festa de fin de curso para todas as nenas e nenos do CRA Ponte da Pedra!
Pasaremos unha xornada chea de diversión, con inchable, xogos variados e unha proposta creativa colectiva. Tamén teremos un sorteo anual para as familias da ANPA e uns petiscos para todas as crianzas asistentes á festa.
Desde a ANPA aconsellamos que:
- As nenas e nenos veñan con roupa cómoda, crema solar xa aplicada e unha gorra ou similar para o sol. 👕🧢🧴
- É importante vir con calcetíns antideslizantes para xogar no inchable. 🧦
- Traer a propia merenda, para acompañar cos petiscos e repoñer forzas ao longo da tarde. 🥪
- Traer unha muda, pois haberá unha proposta con pintura e poida que xoguemos con auga. 🎽👖
- Se tedes pistoliñas de auga ou algún xoguete semellante, animámosvos a traelo para aproveitar a tarde de calor. 🔫
Non é preciso anotarse antes e a entrada abonarase ao chegar á escoliña. O custe será de:
- 5€ para nenas e nenos socias da ANPA
- 10€ para o resto de nenas e nenos do CRA Ponte da Pedra.
Agardámosvos na nosa festa de fin de curso e comezo do verán para compartir un agradable momento en comunidade!