Ecigal

Ecigal Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Ecigal, Centro de investigación educativa, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Elviña,, A Coruña (Galicia), A Coruña.

👥 Somos o Grupo de investigación Educación para a Cidadanía Global.
ℹ️ Dedicámonos a promover e investigar a Educación para a Cidadanía Global (ECG) e outras educacións críticas e transformadoras.

Estivemos en Manaus (Brasil) no VIII Congresso Internacional de Educação Ambiental dos Paises e Comunidades de Lingua Po...
01/08/2025

Estivemos en Manaus (Brasil) no VIII Congresso Internacional de Educação Ambiental dos Paises e Comunidades de Lingua Portuguesa presentando o noso proxecto Globo Joven

10/07/2025
O Grupo de investigación ECIGAL, co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, o Grupo SEPA-interea da USC, ...
16/05/2025

O Grupo de investigación ECIGAL, co Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, o Grupo SEPA-interea da USC, o Grupo ForInterMed da UNED e a Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo organizamos os días 8 e 9 de maio o I Congreso Internacional, Profesional e Interuniversitario de Educación Social.

Para nós, unha oportunidade de afianzar o traballo interuniversitario e de colaboración co CEESG que vimos desenvolvendo os últimos anos e, sobre todo, unha experiencia de aprendizaxe, con conferencias, mesas redondas, comunicación e obradoiros de interese nos que afondar no que é un eixo clave da educación social: O BENESTAR E O ACOMPAÑAMENTO.

Así mesmo:
🟢A nosa compañeira Laura Cruz participou na mesa redonda na que se debuxaron os retos de futuro da educación social.
🟢Compartimos os nosos traballos, nun simposio sobre Xuventude en acción liderando o cambio global dende a investigación, a participación e o activismo, coordinado por Solidariedade Internacional de Galicia.
🟢Participamos de comunicacións nas que divulgamos os achados sobre tecer redes de ECGC entre profesorado, ONG e comunidades escolares, ou a reflexión teórica sobre os retos da alfabetización dixital crítica.

💚💜E, sen dúbida, destacamos tamén deste congreso o seu potencial como espazo de encontro, de afectos e de oportunidades de xerar redes. Quedamos con ganas do seguinte CIPIES!!!

Agradecer á Universidade de Santiago de Compostela e ao SEPA-interea que nos acollera tan ben na súa casa.

Gracias Mujeres Mayas Kaqla por acogernos en vuestra casa, por compartir y por hacernos conectar con lo que hemos de cui...
13/09/2024

Gracias Mujeres Mayas Kaqla por acogernos en vuestra casa, por compartir y por hacernos conectar con lo que hemos de cuidar para la plenitud de vida.

Ilusionadas con esta oportunidade, conectando fíos con outras realidades e outras cosmovisións, aprendendo moito para av...
09/08/2024

Ilusionadas con esta oportunidade, conectando fíos con outras realidades e outras cosmovisións, aprendendo moito para avanzar na aposta de ECIGAL por unha ECG crítica e decolonial.

✈️ Con estas caras de ENORME ilusión as docentes vinculadas aos proxectos gañadores da III edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global iniciaron este xoves a súa viaxe a Guatemala 😊

👉 Nos vindeiros días, e da man de María e Eloi, compañeiros da ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, terán oportunidade de coñecer e convivir con comunidades, proxectos de cooperación ao desenvolvemento e propostas educativas e socioculturais do país.

Esta expedición está formada por Rosa e Fátima, docentes resposables do proxecto "Sentindo en Feminino" do CEIP López Ferreiro (Compostela); Laura e María, do proxecto "Cartografía corporal dos discursos de odio" de Ecigal da Universidade da Coruña. E, en substitución do equipo de "Re_Étika", do IES Luis Seoane (Pontevedra), que non puido viaxar, incorporouse Bruno, profesor responsable do segundo proxecto clasificado na mesma categoría: "O mundo que queremos", do IES O Couto página oficial de Ourense.

Dende aquí desexámoslles unha experiencia feliz e inspiradora! 💚


A pasada semana estivemos participando do Congreso ICRE2024. Alí compartimos dúas contribucións ao traballo en ECG.📌"A E...
22/07/2024

A pasada semana estivemos participando do Congreso ICRE2024. Alí compartimos dúas contribucións ao traballo en ECG.

📌"A Educación para a Cidadanía Global como exercicio de cidadanía da infancia. Proposta de análise de prácticas educativas", no que ofrecemos unha proposta de análise das prácticas en ECG nese reto tan importante de respectar e promover a súa cidadanía auténtica.

📌 "Levar a Educación para a Cidadanía Global ás aulas de Educación Infantil. Unha experiencia de Aprendizaxe-Servizo", que relata a experiencia levada a cabo con estudantes do Grao de Educación Infantil da UDC, que asumiron o reto de levar a ECG ao traballo con primeira infancia.

Foi así mesmo un interesante espazo de encontro con compañeiras e compañeiros doutras universidades que traballan na promoción da participación da infancia.

ECIGAL participamos do 12 ao 14 de xullo no “Estival 4.7” organizado polo Movemento 4.7 co apoio da AECID. O Movemento 4...
21/07/2024

ECIGAL participamos do 12 ao 14 de xullo no “Estival 4.7” organizado polo Movemento 4.7 co apoio da AECID.
O Movemento 4.7 é unha plataforma impulsada por catro organizacións do ámbito da cooperación internacional (Alboan ONG Jesuita Fundazioa, Entreculturas, Fundación InteRed, Ong Awa) que a día de hoxe funciona con autonomía propia, ampliándose a máis de 30 institucións de distinto carácter entre as que se atopan ONG, centros educativos, movementos cidadáns e miembros da comunidade educativa.

O Estival, desenvolto como Obradoiro de verán sobre incidencia política e social supuxo un escenario de encontró participativo de análise e reflexión conxunta sobre o grao de compromiso do sistema educativo no cumplimento da meta 4.7 tras a implantación da LOMLOE (2020), así como unha oportunidade de construcción conxunta das bases da estratexia de incidencia política e social desde o Movemento 4.7, á vista de que Educación para o Desenvolvemento e a Cidadaníaa Global segue sen chegar ás aulas.

https://youtu.be/TJ8kPXRIpY0 Hay un método infalible para lograr todo aquello que nos propongamos. Se trata, simplemente, de “ponerse a ello” Un buen grupo de personas ya hace tiempo que empezó a moverse y a actuar buscando una nueva forma de educar que nos acerque al

02/07/2024

A tarde de onte, o grupo de Radio LibreMente recibimos unha pequena formación sobre comunicación da man da grandísima profesional María Pedroviejo. María é filóloga, actriz e experta en comunicación, impulsora do seu proxecto https://perderelmiedo.com/ no que acompaña a personas e empresas na mellora de estratexias de comunicación.
Onte nos falou do medo a falar a un grupo, das emocións que nos provoca esa exposición e tamén nos facilitou algún tips útiles para unha comunicación consciente e efectiva. Tódalas persoas temos que enfrontarnos a comunicacións máis ou menos difíciles, tamén en prisión. Esta sesión axudounos a tomar consciencia non só da importancia de preparar con antelación a mensaxe que queremos transmitir se non tamén a aprender da nosa linguaxe non verbal que con seguridade, di moito máis de nós que as palabras que emitimos.
Encantounos ter a María esta tarde, agardamos poder entrevistarte pronto! :)
Esta iniciativa forma parte do Plan de Animación Sociocultural do Centro Penitenciario de Monterroso impulsado por Aliad-Ultreia, SEPA-interea e Ecigal. Financiado por Fundación "la Caixa"

Aos membros/as da comunidade universitaria da UDC.Desde hoxe  e ata o 1 de xullo podes matricularte gratuitamente nunha ...
20/06/2024

Aos membros/as da comunidade universitaria da UDC.

Desde hoxe e ata o 1 de xullo podes matricularte gratuitamente nunha nova edición do curso MOOC 🌎Educación para a cidadanía global na escola: unha mirada desde a práctica🌎.

Se traballas no ámbito socioeducativo ou te estás a formar neste ámbito, este curso será do teu interese, e se che preocupa o papel da educación e da escola como axentes de transformación social tamén.
Terás a oportunidade de reflexionar sobre a relación de interdependencia entre a realidade local e global desde un punto de vista crítico, e sobre o compromiso da escola en contribuír a un mundo socialmente máis xusto e ambientalmente máis sostible.

Aprenderás a incorporar o enfoque da educación para a cidadanía global na escola e no currículum e coñecerás experiencias levadas a cabo nas etapas da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.

O curso levarase a cabo do 1 ao 29 de xullo e ao remate, as persoas que o superen obterán un diploma acreditativo por 10 horas de formación. Ademais, o alumnado da UDC poderá solicitar a súa convalidación por créditos ECTS.

📆Datas de matrícula: 20 xuño- 1 de xullo
📝Datas de impartición: 1 de xullo- 29 de xullo de 2024
🎓Titorizado polas docentes: Patricia Digón e Rosa Méndez
🔠Idiomas: galego e castelán
⏰Dedicación: 10 horas
🌐Matricúlate aquí: https://udcaberta.udc.gal/

Se coñeces xente á que lle poida interesar o curso... difunde!

O equipo docente dache a benvida ao curso, agradecendo o teu interese polo mesmo. Neste vídeo preséntanse os seus obxectivos, bloques de contidos nos que se ...

Dirección

Facultade De Ciencias Da Educación, Campus Elviña,, A Coruña (Galicia)
A Coruña
15071

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ecigal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Ecigal:

Atajos

Compartir